luns, 1 de febreiro de 2021

Actividade de LG

 

Localiza os pronomes persoais tónicos e átonos. Subliña cada un dunha cor:

1. Quen vos contou onte iso?

2. Encontreivos na casa almorzando.

3. Non mas poñas aí que estorban.

4. Ti escribe o que che pareza.

5. Déillelas porque non me servían.

6. Non chas quería nin regaladas.

7. Vostede faga o que queira.

8. Comigo aprenderás moito; logo, explicarasllo ao teu irmán.

9. Se non te convence, únete a nós.

10. Xa che llelo emprestei onte.

11. A ela recolleuna seu pai.

12. Non lles teñas medo, que non te van comer.

13. Vós nunca vos decatades do que pasa.

14. Veuno traer onte cando te ías.

15. Convosco, nós nunca chegaremos a nada.

16. Escapouche o can? Pois déixao ir en paz.

17. Moito lle me gusta o caldo de nabizas. 

18. O mellor será deixalos quedar así.

19. Este can non che me come nada.

20. Ponmo enriba da cadeira. 

21. Pontevedra xa che é peonil hai anos.

22. Ese discurso xenófobo non me convence. 

23. Xa volo contaramos mais non nos fixestes caso. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario