martes, 26 de xaneiro de 2021

Superpreguntas

 

SUPERPREGUNTAS –NIVEL EXPERTO EN CÍES!



  1. Ptolomeo era un xeógrafo e astrónomo grego do S.II, que traballou nunha biblioteca moi famosa da Antigüidade chamada a Biblioteca de Alexandría.

Que apodo lles puxo ás Illas Cíes que sigue de actualidade?

  1. Nome do pirata inglés famoso que se agochaba moitas veces nas Cíes e intentou saquear varias veces o costa de Galicia?

  2. Nomes da gaivota famosa que habita as Cíes e do golfiño que poderás ver nas súas augas. Fotos.

  3. Cal é o nome da Lagoa que hai na illa do Medio ou do Faro?

  4. Que escritor famosísimo a nivel mundial adicou un capítulo dun libro seu á ría de Vigo? Nas Cíes hai un sitio que leva o seu nome.

  5. Se o escritor anterior vivira hoxe sería un Corremundos porque lle encantaba viaxar. Escribe o título da novela que confirma a frase anterior.

  6. Se vas á Praia dos Alemáns que tés que ter en conta?

  7. Cal praia das Cíes é considerada A mellor Praia do mundo (segundo o diario inglés “The Guardian”)

  8. Sabías que nas illas tiveron 1 habitante durante case 30 anos? Era o pirata das Cíes. Escribe o seu nome e pon unha foto.

  9. Fai un bo debuxo dunha “Jolly Roger”

  10. Falando de piratas... busca e copia a poesía “Canción del pirata”. Quen a escribiu?

  11. Agora busca a “Canción del pirata” pero con música, escoitáa e apréndea!

  12. Se queres ver un barco pirata afundirse que tés que facer?



Ningún comentario:

Publicar un comentario