venres, 8 de xaneiro de 2021

Venres, 8 xaneiro

 Bos días, Corremundos!!!! Que tal estades? Feliz ano para todos e todas!  Hoxe encantaríame pero non vou poder estar con vós así que cóntovos por aquí o que ides facer.

1. Cambio de sitios algunas persoas...para mellor, iso espero😊

2. Na libreta de LG copiade a pregunta que vos poño a continuación e respondédela: Que foi o mellor deste Nadal?

3. Encendede os ordenadores, ide ao blog  e facede as fichas de Mates dende alí ( corríxense soas)

4. Se rematastes Mates, ides a Eva.edu.xunta a Lingua Galega e descargade o PDF sobre o adxectivo.

Copiade só as oracións especificando en que grado están.

Copiade  tamén o cadro que fala  dos casos especiais.

Facede na libreta as 2 actividades que están nese PDF ( copia todo)

5. Para Ciencias da Natureza:

Se algúen ten en clase o traballo do prato saudable que o expoña. Despois  entrade na seguinte dirección e mirade os vídeos/xogos sobre a respiración: A respiración



O luns  lembrade traer as tarefas de Nadal se é que non as trouxestes hoxe.


22 bicos 

Ningún comentario:

Publicar un comentario