Empezaremos coñecendo algunhas cuestións importantes. Para facer esta parte debedes de copiar o texto seguinte pero as preguntas convertídelas en respostas e completádelas. Como? Aquí vos queda un exemplo da primeira:
"As Illas Cíes pertencen ao espezo natural protexido chamado..."
- A qué espacio natural protexido pertencen as Illas Cíes?
- Que espazos conforman este parque?(Engade mapa) Por certo, que é un arquipélago?
- Que é un parque nacional?
- Cantos hai España e cales son? (Engade mapa)
- Outras zonas protegidas son os parques Naturais e as zonas de reserva da biosfera. Escribe os nomes dos seis parques naturais que hai en Galicia e onde se atopan. (Engade mapa)
- As zonas de reserva da biosfera promoven o desenvolmento sostible baseado na mellora da relación do ser humano co seu entorno.
- Préto de Celanova, que Reserva da Biosfera hai? Engade fotos con pé de foto.
👉Nota: anotade os enlaces onde atopades a información para facer a webgrafía completa ao rematar a nosa viaxe ás Cíes.
Enlaces para buscar a información:
https://www.parquenacionalillasatlanticas.com/index.php?lang=gl
https://www.naturalizaeducacion.org/2019/03/26/parques-nacionales-espana/
https://www.turismo.gal/que-visitar/espazos-naturais/reservas-da-biosfera?langId=es_ES
Ningún comentario:
Publicar un comentario