domingo, 24 de xaneiro de 2021

Teoría de Lingua Galega

 

Palabra primitivas

Son as palabras que non proceden doutra palabra.

Por exemplo: noite

 

Palabras derivadas

Son as que están formadas a partir doutra palabra.

Por exemplo: noitiña, anoitecer, noitada…

 

 

Partes da palabra

-Lexema : é a parte da palabra que non varía e que contén o seu significado.

Por exemplo: zapato, zapateiro, zapatería, zapatear…

-Morfema: é a parte da palabra que varía e que completa o seu significado.

Por exemplo: zapato, zapateiro, zapatería, neno, nena, nenos, correremos

 

Tipos de morfemas:

·        -Flexivos: xénero, números, desinencia (nena, nenos, correremos...)

·        -Derivativos: prefixos e sufixos (premamá, zapatería...)


Nos verbos chámase raíz e desinencia ao lexema e morfema.

Por exemplo: cantaba (cant- é a raíz e –aba a desinencia)

2 comentarios: